Ferrol, 11 de abril de 2025
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acudiu esta tarde na concatedral de San Xiao ao septenario en honra a María Santísima de Dolores e posterior presidencia da procesión de traslado das imaxes de María Santísima de Dolores e o Cristo da Misericordia á igrexa parroquial de Dolores que hoxe reabriu ao culto tralas obras de rehabilitación acometidas pola Diócese Mondoñedo-Ferrol, en virtude a un convenio coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.