Máis de 150 estudantes de varios centros educativos da Coruña poñen en escena a zarzuela ‘Luisa Fernanda’

A Coruña, 3 de xuño de 2025

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asistiron esta tarde no Teatro Colón á representación da zarzuela Luisa Fernanda, de Federico Moreno Torroba. A actividade forma parte da terceira edición do proxecto de Sinerxías Educativas, unha iniciativa que reúne a máis de 150 estudantes de seis centros públicos galegos co fin de promover a colaboración entre institucións.

En concreto, colaboran na posta en escena o Conservatorio Superior de Música da Coruña, a Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso e os centros integrados de FP Imaxe e Son, Someso e Paseo das Pontes, todos eles da cidade herculina, ademais da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, con sede en Vigo.

As representantes da Xunta felicitaron os estudantes participantes por esta iniciativa, que integra todos os aspectos artísticos e técnicos necesarios para levar adiante un espectáculo. O proxecto implica, os coñecementos das ensinanzas de diferentes familias profesionais, apostando por un modelo formativo baseado na colaboración e na profesionalización a través de canles múltiples de expresión e aprendizaxe.

Deja un comentario