Lorenzana subliña que a transición enerxética non é só unha cuestión ambiental senón tamén de competitividade económica

A Coruña, 17 de marzo de 2025

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, impartiu hoxe unha clase maxistral na Escola de Relacións Laborais da Coruña, onde subliñou que a transición enerxética non é só unha cuestión ambiental senón, tamén, de competitividade económica.

A conselleira remitiuse ao Informe Draghi, que avoga por aumentar a produtividade para impulsar o crecemento e, tal e como está facendo Galicia, considera necesario o desenvolvemento das renovables para abaratar o custo da enerxía, que é unha das cargas máis gravosas para a industria europea.

Ao respecto, Lorenzana asegurou que o negacionismo industrial supón poñer un freo á transición enerxética e perder oportunidades de desenvolvemento económico, o cal significa perder postos de traballo, riqueza e, nalgúns casos, mesmo combater o despoboamento.

Deja un comentario