Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2025
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro de traballo co director xeral territorial de Endesa para a Zona Noroeste, Miguel Temboury Molina, e coa nova encargada dos temas da compañía para o Noroeste, María Giuseppina Biondi, cos que abordou o actual escenario enerxético de Galicia.
Durante a reunión, a conselleira lembrou a necesidade de que o Goberno de España priorice as redes de transporte de enerxía eléctrica en Galicia por ser unha das comunidades autónomas con maior desenvolvemento renovable cunha decena de proxectos industriais pendentes de contar con esta infraestrutura.