Lugo, 4 de febreiro de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo un encontro cos responsables da Xunta de Confrarías da Semana Santa da capital lucense, para abordar colaboracións en distintas actuacións da entidade.
Deste xeito, o Goberno galego continúa a mostrar o seu apoio aos diferentes actos de carácter relixioso, cultural e ocio cos que o ente actúa como dinamizador social da cidade Lugo, principalmente a celebración da Semana Santa, declarada de Interese Turístico de Galicia.