López Campos agradece a implicación das entidades sociais no acercamento da cultura a todas as persoas

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na xornada Accesibilidade cognitiva en espazos: unha ferramenta de dereitos organizada pola Federación de asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento de Galicia. No acto, que tivo lugar na Escola Galega de Administración Pública, agradeceu a implicación e compromiso das entidades sociais e puxo en valor a necesidade de contar con proxectos dirixidos a achegar a cultura a todas as persoas, sexa cales sexan as súas condicións xeográficas, socioeconómicas ou demográficas.

Neste senso, o representante da Xunta salientou que iniciativas como esta xornada están en liña cos obxectivos da Lei de cultura inclusiva e accesible, un texto pioneiro en Europa aprobado por unanimidade no Parlamento galego. A este respecto, incidiu na responsabilidade do Goberno autonómico “de facer o mundo máis comprensible a toda a sociedade” con medidas que aposten por espazos con deseños máis sinxelos sen excesivos estímulos sensoriais e información clara e lóxica adaptada auditiva e visualmente.

Deja un comentario