Javier Arias participa na homenaxe que rende o Colexio Anexa aos deportistas Erik e Sergi Quintela

Lugo, 19 de xuño de 2025

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na homenaxe que rendeu o CEIP Anexa a dous dos seus exalumnos máis célebres, os irmáns Erik e Sergi Quintela. Arias uniuse ao “agradecemento a estes grandes deportistas, referentes xa na historia do Club Baloncesto Breogán e un exemplo para os nenos e nenas da provincia”.

O colexio colocou unha placa en recoñecemento ás súas traxectorias, subliñando que  representan os valores de compromiso, esforzo e excelencia que transmite o programa educativo “Legado Anexa”.

Deja un comentario