Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2024
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, acudiu esta mañá á xornada de portas abertas organizada en Santiago pola Asociación de cancro infantil e xuvenil de Galicia (Asanog) con motivo do Día nacional do cancro infantil.
Para avanzar na atención do cancro infantil na sanidade pública, a Xunta traballa nas obras do Centro de Protonterapia de Galicia, que tratará especialmente aqueles pacientes oncolóxicos con longa supervivencia, sobre todo, a poboación infantil.
Está previsto que os primeiros pacientes sexan atendidos en 2026.