A USC manifesta o seu fondo pesar polo pasamento da presidenta e fundadora da Fundación José Otero-Carmela Martínez coa que a Universidade mantén un estreito vínculo por dar pulo á convocatoria de axudas a estudantes de doutoramento con poucos recursos.
A Fundación, constituída en Compostela en 1996, foi impulsada pola propia María del Carmen Martínez e polo seu marido, José Otero, co obxecto de contribuír á formación a través da concesión de bolsas, á execución e desenvolvemento de programas de investigación, ou á dotación de bibliotecas e fondos culturais. A Fundación céntrase tamén na axuda á infancia, a terceira idade, as persoas discapacitadas e/ou en situación de extrema necesidade.