Extinguido un incendio forestal no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2025

A Consellería do Medio Rural informa de que un incendio forestal no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afectou ao Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, quedou extinguido ás 2.41 horas de hoxe.

O lume orixinouse ás 0.10 horas da noite deste xoves e finalmente afectou unha superficie de 1,5 hectáreas de monte raso. Para a súa extinción mobilizáronse 1 axente, 2 brigadas e 2 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

Deja un comentario