A USC recoñeceu este martes 29 as persoas campioas das ligas universitarias, torneo de copa e campionatos da Universidade de Santiago de Compostela. Nun acto presidido polo reitor Antonio López Díaz, fíxose entrega dos galardóns correspondentes ás ligas de baloncesto, fútbol sala, fútbol 7, voleibol mixto, equipos campións de copa, así como dos campionatos de pádel, pickleball, e xogos atléticos.
O acto que tivo lugar na Facultade de Psicoloxía contou coa participación de Pilar Murias, vicerreitora de Estudantes e Cultura; Pilar Lueiro, concelleira de Deportes; María José Sampedro, decana da Facultade de Psicoloxía; María Jesús Giráldez, coordinadora do Colexio de Decanos/Decanas, Directores e Directoras de centros da USC; e Iria Liñares, vicepresidenta do Consello do Estudantado.
Baloncesto
Na primeira división feminina da liga de Baloncesto, recolleron os seus respectivos galardóns os equipos Kikiñas (primeiro posto), Cubata for three (segundo posto) e Gelmírez (terceiro posto). Amigos y Roque, CMU Gelmírez A e Los Ángeles Takers, foron os equipos que obtiveron o primeiro, segundo e terceiro premio, respectivamente, na primeira división da liga masculina; mentres que na segunda división masculina de baloncesto, recoñeceuse a Balalaika Blazers (primeiro posto), Ultra Sur Compostela (segundo chanzo) e Paso 0 Enjoyers (terceiros).
Fútbol sala
Barallocas, Resistencia Colexial e Rea Barroso son o primeiro, segundo e terceiro premio da primeira división de fútbol sala, categoría feminina. Ademais das integrantes destas agrupacións, tamén recolleron os seus correspondentes galardóns, na primeira división masculina, San Agustín, Gañanes FC e R.U Monte da Condesa, primeiro, segundo e terceiro posto, respectivamente; e na segunda masculina, Futbolistos (primeiro banzo), Posiboys fs “b” (segundos) e CMU Gelmírez B (terceiros).
Fútbol 7
No relativo a Fútbol 7, entregáronse os premios correspondentes aos tres primeiros postos na primeira, segunda, terceira e cuarta división. Beberly Tronas (terceiro chanzo), Batallines (segundo) e Internazionale Compostela (primeiro) recibiron os galardóns da primeira división; mentres que Clase Obrera, Peixes e Banay recolleron o terceiro, segundo e primeiro premio, respectivamente, da segunda división. Na terceira división, o terceiro, segundo e primeiro premio recaeron en Vodka Juniors, Manchester Piti F.C e Los papis de tus mamis; mentres que na cuarta, foron a parar a Borussia Donut, A.D. Tarsán Carniserías e Deporkugas.
Voleibol mixto
Volei Trilli Academy, Megatoxos e C.V. Raimon recibiron os recoñecementos correspondentes ao terceiro, segundo e primeiro posto na segunda división de voleibol mixto; mentres que Rolling Thunder, Barbie Científica e Patacas Bravas ocuparon tamén o terceiro, segundo e primeiro banzo na primeira división.
Torneo de copa
O acto tamén serviu de marco para facer entrega dos galardóns correspondentes ao Torneo de Copa nas modalidades de baloncesto masculino, fútbol sala masculino e feminino, fútbol 7 masculino e voleibol. Os equipos vencedores en cada unha das modalidades foron Amigos y Roque, Barallocas, San Agustín, Banay e Patacas Bravas.
Campionatos de Pádel, Pickleball e Xogos atléticos
A USC desenvolveu ao longo do curso campionatos de pádel, pickleball e xogos atléticos, cuxas persoas vencedoras tamén recibiron galardón no acto. Este foi o caso de Miguel Jaquet e Iago Fernández (terceiro posto en pádel), Alejandro Conde e Iago Santos (segundo chanzo en pádel) e Mateo de la Iglesia e Jaime Fernandes (primeiro banzo en pádel). En Xogos Atléticos, o terceiro, segundo e primeiro posto foron para Atléticos, Maxisterio Ría de Muros Noia e Manolos´s Crew. En pickleball, na categoría absoluta, foron premiados Ángel Cidre e Diego Mojón (terceiro chanzo), José augusto Domínguez e Jan Vaughan (segundo chanzo) e Irene de la Iglesia e Antón Pena (primeiro banzo). Finamente, na categoría de veteranos distinguiuse a Manuel Boquete e Xoán González (terceiros), José Javier Torres e Manuel Martínez (segundos) e Juan Carlos Araujo e Alberto do Río (primeiros).