Diego Calvo participa na entrega de medallas do XXIX Campionato Xunta de Galicia de Atletismo que se está a celebrar en Ourense

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou hoxe na entrega de medallas do XXIX Campionato Xunta de Galicia de Atletismo Sub 20 en Pista Curta, que se está a celebrar en Expourense con competicións en diferentes modalidades. Previamente, o conselleiro asistiu ás distintas probas desenvolvidas durante a mañá na pista construída pola Xunta en 2017, cun orzamento superior aos 4 millóns de euros e á que tamén destina un investimento anual de 120.000 euros para o seu mantemento.

Deja un comentario