Diego Calvo asiste á xornada da Liga escolar de voleibol da Coruña do programa Xogade

A Coruña, 18 de xaneiro de 2025

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou esta mañá no pavillón de Monte das Moas da Coruña os nenos e nenas da categoría infantil que participan nunha nova xornada da Liga escolar zonal de voleibol da Coruña organizada pola Federación Galega de Voleibol. A actividade enmárcase no programa Xogade da Xunta, que agrupa unha ampla oferta deportiva e lúdica, tanto escolar como federada, para fomentar o deporte entre a rapazada de 6 a 16 anos. Na última tempada contabilizáronse preto de 150.000 escolares, o 60% do total, e na convocatoria actual conta con 16 modalidades na actividade deportiva escolar e 39 federacións deportivas adheridas.

Deja un comentario