A Coruña, 6 de febreiro de 2025
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, xunto coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asistiu á inauguración da exposición 40 anos da autonomía de Galicia nas caricaturas de Siro, organizada polo Parlamento de Galicia en colaboración con La Voz de Galicia e Afundación. A mostra permanecerá na sede de Afundación na Coruña ata o 15 de marzo.