A feira eXXperimenta en Feminino sementa o amor pola ciencia e a tecnoloxía entre a rapazada do sur de Galicia

O campus de Ourense acolle este venres a celebración dunha nova edición, a oitava, da súa gran cita anual coa divulgación científica e co fomento da igualdade no eido CTEM (ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas). Trátase da feira eXXperimenta en Feminino, que cada ano mobiliza un amplo colectivo de persoal docente e investigador da UVigo, … Leer más

Dous estudantes da UVigo, ante o reto de facerse un nome no deporte internacional

Competir como deportista ao máximo nivel require do esforzo e compromiso necesarios para afrontar as moitas horas de adestramento e as viaxes, concentracións e competicións, así como de capacidade de superación para afrontar novos desafíos deportivos. Eses valores fanse aínda máis patentes no caso daqueles e daquelas compaxinan a súa carreira deportiva cos estudos universitarios, … Leer más

O 11 F, máis que nunca, Elas Fan CienTec na UVigo

A Universidade de Vigo volve sumarse á celebración do 11F, o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, cun amplo programa de actividades. Este martes as grandes protagonistas foron as 168 alumnas de Ensino Secundario Obrigatorio que participaron nos diferentes obradoiros organizados para elas baixo a denominación Elas Fan CienTec, toda unha serie … Leer más

16 equipos de toda España enfrontaranse no III Torneo Nacional Retórica UVigo debatendo sobre a mercantilización do amor

Arredor de 100 persoas, entre equipos, xurados e organización participarán a vindeira semana en Vigo na terceira edición do Torneo Nacional Retórica UVigo. O certame arrancará o 14 de febreiro, o día de San Valentín, e por iso a organización apostou por elixir unha temática que non podía gardar máis relación coa data: a mercantilización … Leer más

A UVigo dótase dun plan para potenciar a súa internacionalización

A Universidade de Vigo conta desde hoxe cun Plan de Internacionalización, o primeiro da súa historia, co que pretende, en palabras do reitor, Manuel Reigosa, “avanzar en anos sucesivos nun dos eixos fundamentais do noso mandato que é a internacionalización”. O documento aprobado por asentimento e no que se introducirán as modificacións solicitadas polo decano … Leer más

A UVigo presenta a súa oferta académica a máis de 1000 estudantes de institutos de Vigo e a súa contorna

Dende primeira hora da mañá deste mércores, á xa habitual vida académica do campus de Vigo sumáronse máis de 1000 mozos e mozas de institutos de Vigo e a súa contorna. Todas e todos eles pasaron esta mañá no campus no marco das XOU, Xornadas de Orientación Universitaria, a través das cales a UVigo amosa … Leer más

A UVigo dá a benvida a 235 estudantes internacionais que se incorporan este cuadrimestre ás súas aulas

A Universidade de Vigo recibe esta semana ao alumnado estranxeiro de intercambio que, ao abeiro dalgún dos convenios e programas internacionais existentes, estudará este segundo cuadrimestre nos seus tres campus. En total trátase de 235 mozas e mozos, que se suman a 47 que continúan do primeiro cuadrimestre, e que traen ás aulas da UVigo … Leer más

A UVigo celebra San Tomé premiando “a excelencia a todos os niveis”

A Universidade de Vigo é unha institución pública na que se valora o esforzo, o compromiso e o talento, unha universidade que está ao dispor de toda a sociedade para, entre todos e todas, ser quen de acadar un mundo máis xusto, máis igualitario e máis desenvolvido. Esta é a principal mensaxe que lanzou o … Leer más

Os Premios Extraordinarios de Doutoramento distinguen a traxectoria excelente de 13 investigadores e 8 investigadoras

Nunha sesión extraordinaria, e primeira do ano 2025, o Consello de Goberno da Universidade de Vigo aprobou este venres a relación de persoas distinguidas cos Premios Extraordinarios de Doutoramento do curso 2023/2024. En total, 21 investigadores e investigadoras (13 homes e 8 mulleres) de todos os eidos de coñecemento.  No ámbito das humanidades foron galardoadas … Leer más

O Consello de Goberno aproba un orzamento «equilibrado e estable» de 248,3 millóns de euros para 2025

Apenas 24 horas despois de ser presentado ante o Claustro, o proxecto de orzamentos da UVigo para 2025 foi aprobado este venres polo Consello de Goberno na súa derradeira reunión deste ano. O órgano colexiado deu o visto bo ás contas para o vindeiro exercicio que, cun montante de 248.822.967 euros, manteñen a senda de … Leer más