O festival científico CinVigo consolídase como un referente da divulgación científica

Desde unha alternativa ecolóxica ao carbón vexetal ata un estudo sobre a resistencia aos antibióticos, pasando pola exploración das aplicación dos bioplásticos. Múltiples propostas para impulsar o avance da sociedade a través da ciencia e todas elas ideadas con ilusión, esforzo e implicación por unha canteira de máis de 250 científicas e científicos dunha trintena … Leer más

Máis de 560 estudantes e 120 equipos de toda Galicia citan os seus autómatas na Competición de Robots da EE Industrial

Cando en 2015 se poñía en marcha a primeira edición da Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, os seus organizadores non agardaban que esta cita se convertese nun dos sinais de identidade do seu centro. Hoxe, dez anos despois, a escola volveuse a encher cun rebulir robótico que congregou … Leer más

O reitor destaca os “magníficos” resultados económicos da UVigo e avanza que “deixarán feita” a convocatoria de prazas de PDI para 2026

De “magníficos” cualificou Manuel Reigosa os resultados económicos acadados o pasado ano pola UVigo, ao tempo que augurou que o orzamento aprobado para este 2025 permitirá acadar unhas contas semellantes. Ante unha situación “de nerviosismo polos cartos”, dixo, o reitor aproveitou o seu informe ante o Consello de Goberno, celebrado hoxe, para reiterar a “liquidez … Leer más

Máis de 400 estudantes coñecen a singularidade do campus de Pontevedra

Chegados desde seis localidades do sur de Galicia, 417 alumnos e alumnas de bacharelato puideron coñecer de preto a oferta formativa do campus de Pontevedra nunha Xornada de Portas Abertas que levounos a visitar as aulas e laboratorios dos diferentes centros. Promovida pola Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade, o obxectivo desta actividade era que as … Leer más

631 estudantes da Universidade de Vigo estudarán fóra de España o vindeiro curso

631 estudantes da Universidade de Vigo poderán estudar fóra de España o vindeiro curso (2025/2026). Son os alumnos e alumnas seleccionados para participar nos diferentes programas de mobilidade internacional, estudantes que esta semana foron convocados a diferentes xornadas informativas nos tres campus, encontros que arrancaron este martes en Vigo e continúan hoxe en Ourense e … Leer más

Campus Crea proxéctase ante a cidadanía cunha semana de actividades que poñen o foco na sostibilidade

Ata este venres 25, diferentes facultades e escolas do campus de Pontevedra e outros espazos da cidade acollen as conferencias, obradoiros, mesas de debate e actividades culturais que conforman o programa da Semana CREA, que neste 2025 ten como eixe temático a sostibilidade. A sede da Vicerreitoría acolleu este martes o acto inaugural desta Semana … Leer más

A ciencia reconquistará Vigo na III edición do festival científico CinVigo

Xa pasaron dous anos dende que, por primeira vez, o CinVigo enchese a Porta do Sol de ciencia. Este festival científico organizado polo CINBIO, Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, ten como finalidade achegar o coñecemento científico a toda a sociedade e, tras o éxito das pasadas edicións, regresará a … Leer más

A Semana Galega de Filosofía formula alternativas fronte unha “situación de desesperanza individual e colectiva”

Co nihilismo como eixe temático, na mañá deste luns botaba a andar no Teatro Principal de Pontevedra a XLI Semana Galega de Filosofía, un congreso promovido pola Aula Castelao de Filosofía, co apoio da Universidade de Vigo, o Concello de Pontevedra, a Deputación Provincial e a Xunta de Galicia. Un total de 15 conferencias, abertas … Leer más

150 mozas e mozos de toda Galicia participan en Vigo na I Olimpíada da Enerxía que se celebra en España

150 mozas e mozos chegados de 16 centros de ensino medio de toda Galicia, desde Xinzo de Limia ata Ferrol, participan este mércores na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo na I Olimpíada da Enerxía que se celebra en España, un evento impulsado desde a escola e financiado pola Fundación … Leer más

Arredor de 600 estudantes preuniversitarios coñecen de primeira man o campus de Ourense

Este luns e martes arredor de 600 estudantes preuniversitarios de nove centros educativos galegos participan na xornada Coñece o campus de Ourense. Nela teñen a oportunidade de, ao longo dunha mañá, facer “vida universitaria”, coñecendo de primeira man os seus centros e instalacións e as titulacións que neles se imparten. A actividade dá continuidade a … Leer más