O Ránking QS sitúa a USC entre as 500 universidades máis sustentables do mundo

Lugo, Santiago de Compostela Martes, 10 de decembro de 2024 A USC ocupa o chanzo 454 da clasificación que cada ano QS elabora en base ao nivel de sustentabilidade das universidades en todo o mundo. A edición deste ano está integrada por un total de 1.751 institucións académicas a nivel global, das cales 563 son … Leer más

O IV Ciclo conmemora a súa patroa poñendo en valor a tradición oral e os saberes das persoas maiores

Luns, 9 de decembro de 2024 O estudantado do Diploma Sénior conmemorou este luns cun acto institucional no Colexio de Fonseca o día da patroa do IV Ciclo da USC, que conmemora a figura de Francisca Álvarez González, unha mestra que se sitúa entre as pioneiras da educación formal para persoas adultas en Galicia. A … Leer más

Lugo Luns, 9 de decembro de 2024 A USC participa en tres proxectos que se desenvolven ao abeiro da convocatoria de axudas para a execución de proxectos de innovación de interese xeral por grupos operativos supra-autonómicos da Asociación Europea para a Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícolas (AEI-Agri), no marco do Plan Estratéxico … Leer más

Circuítos térmicos de precisión micrométrica para previr o sobrequecemento en dispositivos electrónicos

Luns, 9 de decembro de 2024 O sobrequecemento dos dispositivos electrónicos afecta o seu rendemento e reduce a súa vida útil. Un dos grandes desafíos actuais consiste en poder xestionar de maneira eficiente o calor que xeran estes sistemas durante o seu funcionamento, e iso pasa por controlar a condutividade térmica dos diversos materiais que … Leer más

Unha mostra no Cispac recolle os primeiros resultados das escavacións no Corro dos Mouros

Luns, 9 de decembro de 2024 O Corro dos Mouros representa unha peza fundamental para avanzar no estudo do Bronce Final en Galicia. Este xacemento, emprazado na parroquia de Adai (Lugo) e que ten a súa orixe no século XIII antes de Cristo, foi obxecto de investigación en dúas intervencións arqueolóxicas promovidas a través dun … Leer más

Martes universitario na Caldeira do Monbus Obradoiro

Luns, 9 de decembro de 2024 A comunidade universitaria poderá acceder o vindeiro martes 10 con prezos e oportunidades exclusivas ao partido que enfrontará ao Monbus Obradoiro co Real Betis Baloncesto no Multiusos Fontes do Sar. A promoción inclúe tres modalidades: 100 entradas gratuítas para quen antes o solicite; 200 entradas a 3 euros cada … Leer más

O programa ‘Democratización e Camiños do coñecemento’ levou o saber universitario a 22 concellos

Xoves, 5 de decembro de 2024 A vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, presidiu este mércores o acto de clausura do programa Democratización e Camiños do Coñecemento que se desenvolveu no marco do Programa Universitario de Maiores IV Ciclo da USC, orientado a persoas maiores de 50 anos. No evento participou estudantado dos diversos … Leer más

Físicos discrepan da Sociedade Británica do Sono e defenden que se manteña o cambio de hora no Reino Unido

Santiago de Compostela Xoves, 5 de decembro de 2024 O cambio estacional de hora sincroniza o inicio da actividade humana co amencer, é dicir, permite que a xornada diaria bote a andar ao mesmo tempo que a luz diúrna. É así como nos adaptamos ao feito de que o intre da saída do sol vaia … Leer más

O encontro ‘Peregrinando’ mostra as oportunidades internacionais en investigación nas matemáticas e na física

Xoves, 5 de decembro de 2024 O encontro ‘Peregrinando: traxectorias internacionais nas matemáticas e na física’ reunirá o 20 de decembro en Compostela oito especialistas das dúas disciplinas que ou ben están a realizar a súa carreira investigadora no estranxeiro ou que o fixeron nalgún momento, para dar a coñecer as perspectivas de desenvolvemento profesional … Leer más

A USC aproba os maiores orzamentos do mandato do reitor Antonio López: 328 millóns para 2025

Mércores, 4 de decembro de 2024 As liñas xerais dos Orzamento para 2025 foron aprobadas co rotundo apoio dun Claustro que, cun resultado de 91 votos a favor, 8 abstencións e a oposición dun só claustral, buscan impulsar a USC no ano 2025 co apoio do maior orzamento da súa historia, 328 millóns de euros. … Leer más