O Concello de Vilalba adhírese á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Xunta
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asinou coa alcaldesa o acordo polo que a APLU asume as competencias municipais de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística en obras e usos do solo que se executen sen licenza ou sen axustarse ás súas condicións