O conselleiro de Cultura lembra a Valle-Inclán e a Díaz Pardo co gallo do aniversario dos seus pasamentos

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2025 O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, lembrou a Ramón María del Valle-Inclán e a Isaac Díaz Pardo na ofrenda floral celebrada esta mañá no cemiterio de Boisaca para conmemorar o 89 aniversario de Valle-Inclán … Leer más

A Xunta visita máis dunha trintena de centros educativos con máis de 2.000 alumnos para fomentar o consumo responsable co gallo do Nadal

A Escola Galega de Consumo —dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración— vén de impulsar obradoiros no marco do programa Infonadal en 13 centros da provincia da Coruña, 8 na de Pontevedra, 6 en Lugo e 5 en Ourense

A Xunta adxudica por máis de 647.000 € as obras de ampliación das redes de abastecemento e saneamento do Canedo, no concello de Ordes

As actuacións, cun prazo de execución de seis meses, supoñen substituír as traídas e pozos particulares existentes na actualidade por canalizacións comunitarias para dar un servizo adecuado á veciñanza do lugar cun horizonte temporal que vai ata 2045