Faisury Zapata García gaña o Premio Marcos Valcárcel do Maratón Fotográfico da USC coa imaxe ‘Eu’

Lugo Martes, 12 de novembro de 2024 Máis de medio cento de participantes inscribíronse na trixésima edición do Maratón Fotográfico da USC, un certame consolidado que cada ano se desenvolve no Campus de Lugo e que na súa última convocatoria rexistrou preto de corenta traballos a concurso. A obra ‘Eu’ de Faisury Zapata García obtivo … Leer más

O profesor Antonio Míguez Macho, elixido novo decano da Facultade de Xeografía e Historia

Luns, 11 de novembro de 2024 O profesor Antonio Míguez Macho vén de ser elixido decano da Facultade de Xeografía e Historia tras unha votación que tivo que se volver celebrar este luns dado que o pasado mércores as dúas persoas candidatas chegaron a empate nas dúas voltas. Míguez obtivo na votación 41 votos, mentres … Leer más

O Ránking de Shanghai por materias sitúa a USC entre as 100 mellores universidades do mundo en Veterinaria e Farmacia

Luns, 11 de novembro de 2024 A USC ocupa o chanzo 51-75 do Ránking de Shanghai por materias en Ciencias Veterinarias (posición 4-5 entre as universidades de toda España) e o 76-100 en Farmacia e Ciencias Farmacéuticas (posto número 2 a nivel estatal). A terceira mellor posición nesta clasificación internacional de universidades segundo eidos temáticos … Leer más

Abre o prazo para presentar propostas á nova edición do programa Acelerador de Transferencia da USC

Luns, 11 de novembro de 2024 O programa Acelerador de Transferencia da USC inicia unha nova edición á que xa se poden presentar propostas e cuxo obxectivo é facilitar a transferencia de resultados de investigación xerados polos grupos de investigación de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura da USC ao mercado que identificaran algún … Leer más

Últimos días para presentar candidaturas ao Premio Humanitas

Luns, 11 de novembro de 2024 O Consello Social e Alumni USC teñan convocada unha nova edición do Premio Humanitas 2024, co que buscan recoñecer accións e traxectorias que estean desenvolvendo actualmente en Galicia persoas físicas, xurídicas, asociacións, empresas ou fundacións implicadas en actividades solidarias, sociais ou humanitarias, en beneficio da mellora da calidade de … Leer más

Mulleres á Fronte impulsa un diagnóstico sobre as eivas coas que se atopan as migrantes nas artes escénicas de Galicia

Lugo Venres, 8 de novembro de 2024 A potencialidade das expresións artísticas como ferramenta de transformación social é a premisa sobre a que se asenta o proxecto de investigación, intervención e acción participativa ‘Mulleres á Fronte dende o Sur Global’, que parte das experiencias desenvolvidas polas batucadeiras en Cabo Verde e das comunidades de mulleres … Leer más

A cuestión palestina dende o dereito internacional, a análise a vindeira semana na USC

Venres, 8 de novembro de 2024 Reflexionar sobre a cuestión palestina dende o dereito internacional é o propósito do seminario que o Mestrado Universitario en Estudos Internacionais da USC e a Fundación Araguaney – Puente de Culturas organizan para o vindeiro 22 de novembro no Salón de Graos da Facultade de Dereito. A xornada dará … Leer más

O equipo Data Diggers representará a USC na fase final do concurso informático Datathon UniversityHack 2024

Venres, 8 de novembro de 2024 Xiana Carrera Alonso, Pablo Díaz Viñambres e Pablo Landrove Pérez-Gorgoroso, integrantes do equipo Data Diggers e estudantes do dobre grao en Enxeñaría Informática e Matemáticas, constitúen o equipo gañador da fase local da USC no marco do Datathon UniversityHack 2024, un evento dirixido especificamente ao estudantado dos mellores centros … Leer más

Prende unha nova Faísca sobre como os medios dixitais transforman as nosas relacións afectivas

Venres, 8 de novembro de 2024 Reflexionar sobre como as nosas relacións afectivas, tanto políticas como persoais, se están transformando coa aparición dos medios dixitais é o propósito da nova Faísca Cultural que se desenvolve estes meses en distintos centros do Campus compostelán da USC. ‘i-Emotions: Afectos Dixitais’ inclúese dentro da programación do Outono Cultural … Leer más

O CIFEX pon o foco das súas xornadas anuais no feminismo ecolóxico

Xoves, 7 de novembro de 2024 ‘Resistencia feminista ao colapso’ é o título co que o Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de estudos de Xénero (CIFEX) da USC denominou as súas xornadas anuais, que nesta ocasión se centrarán no feminismo ecolóxico. O encontro desenvolverase os días 12 e 13 de novembro no salón de … Leer más