Arranca o programa ‘Unha enxeñeira ou científica en cada cole’

Santiago de Compostela Xoves, 6 de febreiro de 2025 O programa ‘Unha enxeñeira ou científica en cada cole’ organizado pola Oficina de Igualdade de Xénero da USC en colaboración co Concello de Santiago arrancou este xoves a súa décima edición no compostelán CEIP Plurilingüe Mestre Rodríguez Xixirei. Alí tivo lugar o obradoiro ‘Física Divertida’ que … Leer más

Iago Millán Entenza, egresado de Física, primeiro nas probas a Radiofísico Interno Residente

Xoves, 6 de febreiro de 2025 O egresado da Facultade de Física da USC, Iago Millán Entenza, obtivo o primeiro posto no marco das probas selectivas 2024 para o acceso no ano 2025, a prazas de Radiofísico Interno Residente (RFIR), convocadas polo Ministerio de Sanidade. Ademais de Millán Entenza, que cursa estudos de doutoramento no … Leer más

Os equipos da USC premiados pola RAGC e a Fundación Barrié recolleron os seus galardóns

Xoves, 6 de febreiro de 2025 Os grupos de investigación da USC recoñecidos nos Premios de Investigación Fundación Barrié-Real Academia Galega de Ciencias recolleron este mércores os seus galardóns na cerimonia de apertura do curso da Academia que tivo lugar no Pazo de San Roque coa presenza do seu presidente, Juan Lema, e o resto … Leer más

A perspectiva de xénero na divulgación científica centra a cuarta edición de ‘Ultravioletas’

Xoves, 6 de febreiro de 2025 A asociación de estudantes Luzada organiza a cuarta edición de ‘Ultravioletas’, no marco do 11 de febreiro Día da Muller e a Nena na Ciencia. O evento, ás 19.15 no iMATUS, céntrase nesta ocasión na divulgación científica con perspectiva de xénero, para o que contan con varias divulgadoras con … Leer más

Roberto Bande toma posesión como decano de ADE coa ollada posta en manter unha oferta docente “atractiva para a sociedade”

Lugo Mércores, 5 de febreiro de 2025 “Cunha oferta basal en estudos de grao consolidada, dende a Facultade estaremos abertos a participar en novas iniciativas que permitan aproveitar as sinerxías que nos ofrece o Campus Terra, contribuíndo con outros centros a xerar valor”. Con estas verbas definiu o profesor Roberto Bande o que será un … Leer más

O mellor teatro universitario, a vindeira semana en Compostela

Mércores, 5 de febreiro de 2025 Do 11 ao 15 de febreiro, o XXIX Festival Internacional de Teatro Universitario da USC abre en Compostela unha fiestra ás creacións teatrais desenvolvidas por compañías das contornas galega, estatal e europea. Ademais da Aula de Teatro da USC, nesta edición participan as escolas de teatro das Universidades de … Leer más

O CiQUS abre as portas ás preuniversitarias para compartir unha xornada con científicas referentes

Mércores, 5 de febreiro de 2025 Coa declaración do 11 de febreiro como Día das Mulleres e as Nenas na Ciencia, a ONU busca lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas. Co gallo desta celebración, o CiQUS organiza unha xornada de posta en valor do … Leer más

A USC coordina unha rede científica para detectar no medio acuático virus de risco potencial para a acuicultura

Mércores, 5 de febreiro de 2025 Trece grupos de investigación de todo o Estado conforman a rede Epimar que, coordinada polo director de iARCUS, o profesor Carlos Pereira Dopazo, traballan conxuntamente para establecer un mapa epidemiolóxico dinámico dos virus presentes no medio acuático que poidan supor un risco para a acuicultura española e poder así … Leer más

Setenta anos de iconografía artística de José Ángel Valente, nunha mostra en Filoloxía

Martes, 4 de febreiro de 2025 Ao longo da súa vida, e mesmo despois do seu falecemento, o poeta, narrador, ensaísta e tradutor galego José Ángel Valente (Ourense, 1929-Xenebra, 2000) foi retratado en diversas ocasións e baixo distintas técnicas artísticas (pintura, debuxo, caricatura). Unha mostra dese material recóllese na exposición Iconografía artística de José Ángel … Leer más