A primavera comeza este xoves 20, ás 10.00 horas

Mércores, 19 de marzo de 2025 A primavera comezará este xoves 20 de marzo, ás 10.00 horas, e prolongarase durante case 93 días, ata as 22.42 do 21 de xuño. O inicio da nova estación prodúcese cando o Sol  pasa polo punto Aries, ou equinoccio de marzo, un dos dous puntos de corte da órbita … Leer más

Un estudo avalía a naturalidade do cambio estacional de hora e cuestiona os fundamentos da crítica actual a esta práctica

Santiago de Compostela Mércores, 19 de marzo de 2025 O cambio de hora para adoptar o horario de verán produciuse en boa parte dos Estados Unidos o pasado 9 de marzo no medio dun debate público arredor da súa pertinencia. Nun contexto no que a administración Trump considera a posibilidade de abolir a mudanza horaria, … Leer más

O IMPACT THON USC premia cinco proxectos innovadores

Mércores, 19 de marzo de 2025 A primeira edición do IMPACT THON USC rematou con seis equipos premiados por cinco proxectos innovadores – EstudIa, Ouvia, Green Dots, Senda Verde e Medication tracker-, todos eles co denominador común de ofrecer solucións tecnolóxicas con impacto social ou ambiental, en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).   … Leer más

Mª Teresa Carrillo, relatora na XV Edición de Neurobeers

Martes, 18 de marzo de 2025 NeuroBeers é un evento socio-científico informal que se realiza tres veces ao ano en Madrid para reunir a profesionais da neurociencia cun público non especializado. A XV Edición de Neurobeers versará sobre sinestesia e información sensoriomotora.  A exposición de M.ª Teresa Carrillo será o próximo luns 23 de marzo, … Leer más

Dous novos MOOCs abordarán a proxección internacional do Camiño e a topografía xacobea de Compostela

Santiago de Compostela Martes, 18 de marzo de 2025 A Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da USC impulsa dous novos cursos en liña baixo o formato Massive Open Online Course (MOOC), nos que o conxunto da comunidade universitaria xa pode inscribirse de balde previo rexistro no web no que se enmarca a … Leer más

Lugo Martes, 18 de marzo de 2025 O programa ‘Retorna ao Rural con Campus Terra’ dá pulo á realización de prácticas en empresas ou entidades situadas no rural de Galicia. Dirixidas a estudantado vinculado a este Campus de Especialización da USC, ofertarase preto dunha trintena de bolsas, financiadas polo convenio de colaboración entre a Universidade … Leer más

Diego Peña Gil, novo director científico do CiQUS

Martes, 18 de marzo de 2025 O investigador Diego Peña asumiu estes días a dirección científica do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) relevando así a José Luis Mascareñas, que ostentaba o cargo desde 2014. Este novo nomeamento, que se estende por un período de catro anos prorrogables, chega a … Leer más

“Javier D’Ors era un profesor magnético que nos fixo sentir o Dereito e non só coñecelo”

Luns, 17 de marzo de 2025 Nun salón de graos ateigado de estudantes, profesorado, colegas de profesión e discípulas e discípulos, o profesor Javier D’Ors Lois (1948-2024) recibía hoxe unha homenaxe póstuma na que quedaba constancia da pegada que este catedrático de Dereito Romano deixou neste centro en moitas xeracións. No concorrido acto, que para … Leer más

O proxecto de aprendizaxe-servizo ‘Palabras maiores’ potencia a escritura creativa e formal entre estudantado do IV ciclo

Lugo Luns, 17 de marzo de 2025 A profesora da área de Didáctica da Lingua e a Literatura, Noelia Estévez Rionegro, coordina dende o pasado curso o proxecto de aprendizaxe-servizo (ApS) ‘Palabras maiores: obradoiro de escritura para estudantado sénior’. Coa intención de que o estudantado do mestrado de Profesorado en ESO, Bach, FP e EOI … Leer más

A OIX ofrece unha formación en saúde relacional sobre vínculos e prácticas amorosas e sexuais

Luns, 17 de marzo de 2025 A Oficina de Igualdade de Xénero da USC mantén aberto dende este luns 17 ata o xoves 20 o prazo de inscrición no curso de formación específica ‘Microcredencial Universitaria en saúde relacional: vínculos e prácticas amorosas e sexuais’, que pretende ser un espazo de reflexión colectiva para adquirir ferramentas … Leer más