A Coruña, 7 de maio de 2025
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, salientou hoxe a proxección da moda galega na reinauguración da nova tenda de Roberto Verino na Coruña. A representante do Goberno autonómico puxo a este deseñador como un exemplo dos mellores embaixadores da moda, o deseño e a competitividade do sector téxtil galego que nos últimos 40 anos conseguiu conquistar mercados de todo o mundo.
Belén do campo puxo en valor a moda galega como un dos bastións que mellor representa o pulo da comunidade, tanto no sector téxtil como na industria da confección e do deseño, ademais de destacar a traxectoria da firma Roberto Verino como un referente da creatividade de Galicia e dinamizador dun dos sectores máis vigorosos da economía galega.