Belén do Campo recibe ao Delegado de Defensa en Galicia, Jesús Ángel Paz Pena

A Coruña, 19 de marzo de 2025

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, recibiu ao ao Delegado de Defensa en Galicia, Capitán de Navío, Jesús Ángel Paz Pena, que tomou posesión o pasado mes de decembro. Pola súa banda, a representante do Goberno autonómico trasladoulle a súa máxima colaboración nesta nova etapa que inicia.

Jesús Ángel Paz Pena, é natural de Ferrol. Ingresou na Escola Naval Militar en 1986 e graduouse en 1991. Entre outros méritos militares e académicos, é diplomado de Estado Maior das Forzas Armadas. No ámbito da mar, foi comandante do patrulleiro “Mouro”, do cazaminas “Tambre” e da fragata “Almirante Juan de Borbón”. No ámbito académico militar, foi director da Escola de Suboficiais a Armada, en San Fernando (Cádiz). Así mesmo, participou en varias misións internacionais, tales como a de Iraq, Libia e os Balcáns. Ata o momento de asumir a delegación de Defensa en Galicia era xefe do Órgano de Apoio á Xefatura (OAJ) do Arsenal de Ferrol.

Deja un comentario