A Coruña, 2 de xaneiro de 2025
A delegada da Xunta, Belén do Campo, despediuse do xeneral xefe do Mando de Apoio á Manobra, Raimundo Rodríguez Roca, que deixa o seu cargo para asumir novas responsabilidades como Xefe do Mando de Apoio Loxístico do Exército de Terra.
Belén do Campo agradeceulle a súa dedicación e entrega durante o tempo que prestou servizo na Coruña, amais de lle desexar moitos éxitos no seu futuro destino.