A Coruña, 2 de xuño de 2025
A delegada da Xunta, Belén do Campo, asistiu o á cerimonia de entrega do título de Fillo Predilecto da cidade da Coruña ao divulgador científico e exdirector do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, Ramón Núñez Centella.
A representante do Goberno autonómico transmitiulle ao homenaxeado, en nome da Xunta, os seus parabéns e sinalou que este recoñecemento “non só honra unha traxectoria profesional brillante, senón tamén o seu compromiso coa educación, a cultura e o coñecemento científico en Galicia”.
Ramón Núñez Centella foi director do MUNCYT, así como do Museo Casa das Ciencias e do Planetario da Coruña. É autor de numerosas publicacións centradas na ensinanza e divulgación da ciencia, e a súa traxectoria foi clave para consolidar a Coruña como un referente nacional neste ámbito.