Arias reuniuse con representantes de AdisLugo para avanzar na quinta edición da feira ‘L de Lugo’

Lugo, 15 de maio de 2025

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co presidente da Asociación de Distribuidores de Hostalaría e Alimentación de Lugo (AdisLugo), Eloy García, e outros representantes da entidade para avanzar nas liñas de colaboración de cara á quinta edición da feira “L de Lugo”.

O evento terá lugar no Pazo de Feiras os días 26 e 27 de outubro, e de novo reunirá ás principais empresas de distribución relacionadas co sector e ofrecerá degustacións e distintas actividades arredor da gastronomía.

A Xunta vén colaborando con AdisLugo nesta feira “que non deixa de medrar ano tras ano como un excelente escaparate para os alimentos galegos de calidade e que apuntala a gastronomía como un dos nosos principais recursos turísticos”, afirmou Arias.

Deja un comentario