Lugo, 28 de febreiro de 2025
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, reuniuse hoxe co alcalde de Carballedo, Julio Yebra-Pimentel, para tratar diferentes asuntos de interese municipal que competen a ambas administracións.
Entre as colaboracións máis destacadas figura a achega de 117.500 euros da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para realizar reformas na casa do concello e no edificio multiusos, con cargo a unha nova orde de axudas dirixida a entidades locais para acometer traballos de mellora da eficiencia enerxética en instalacións municipais.
Así mesmo, a través das liñas do Fondo de Compensación Ambiental do ano pasado este municipio suma 42.300 euros concedidos para executar distintas actuacións de mellora do alumeado público.