Curtis (A Coruña), 16 de maio de 2025
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu hoxe á inauguración da exposición Sempre arte no corazón, da pintora María José Rodríguez, na Casa Museo María Antonia Dans, en Curtis. Precisamente, salientou a “importante contribución e dinamización cultural” que está a supor para este municipio coruñés a programación e actividade que desenvolve esta entidade.
O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude lembrou o investimento de 250.000 euros da Xunta para a rehabilitación e musealización deste inmoble, que formou parte da infancia e xuventude deste referente do neoexpresionismo e cuxa recuperación supuxo “unha nova alternativa cultural e artística na zona”.
Anxo M. Lorenzo enmarcou este tipo de intervencións nas que está a desenvolver o Goberno galego dentro plan de mellora e modernización de infraestruturas culturais por toda a xeografía galega e tamén as encadrou á abeiro das accións da Rede Adival de dinamización cultural do rural, no eido de potenciar e permitir que a creación e acceso non estea condicionado polo territorio.