Anxo M. Lorenzo e os responsables das bibliotecas da Xunta reúnense para avanzar nas accións deste 2025

Lugo, 20 de febreiro de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, mantivo un encontro hoxe cos directores e directoras das bibliotecas xestionadas pola Xunta de Galicia para avanzar nas principais liñas estratéxicas e nas accións a desenvolver nos vindeiros meses pola Biblioteca de Galicia e a Biblioteca Pública Ánxel Casal, en Santiago; a Biblioteca Pública Miguel González Garcés, na Coruña; a Biblioteca Pública de Lugo; a Biblioteca Pública Nós, en Ourense; a Biblioteca Pública Antonio Odriozola, en Pontevedra, e a Biblioteca Pública Juan Compañel, en Vigo.

Así, na reunión abordáronse cuestións como a mellora das instalacións para prestar un servizo de calidade nestes equipamentos, así como a organización do premio á innovación ou a temática que protagonizará a xa tradicional xornada de bibliotecas públicas que ten lugar cada ano. Tamén se puxo en común a programación dos centros con motivo das distintas efemérides do calendario do Libro e a Lectura, ademais doutra actividades.

Deja un comentario