Alfonso Villares aplaude as 20 edicións que leva a Exaltación do Mexillón de Rábade promovendo o consumo do molusco rei das rías galegas

Rábade (Lugo), 25 de xaneiro de 2025

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou hoxe na XX Exaltación do Mexillón de Rábade, unha celebración gastronómica xa tradicional nesta localidade lucense onde é posible degustar diferentes receitas espalladas polos bares da vila, e na que colabora a Consellería do Mar. O responsable autonómico achegouse previamente á Casa do Concello, onde asinou no Libro de Honra, despois do cal acudiu ao evento onde destacou que a acuicultura de Galicia constitúe unha fonte fundamental de proteína alimenticia que combina os esforzos e colaboración do sector e da administración.

Esta cita, completamente consolidada no municipio e que se celebra no marco das Festas de San Vicenzo,  cumpre o seu vinte aniversario, motivo polo que o titular de Mar aplaudiu a labor que xogan os  locais hostaleiros participantes na promoción e posta en valor do bivalvo. Alfonso Villares enxalzou a calidade do produto e o sabor das diferentes receitas e propostas dos profesionais da cociña involucrados, aos que considerou como os mellores aliados da cadea mar-industria da comunidade e, por tanto, tamén protagonistas dentro da estratexia GALICIA SABE AMAR de promoción do consumo dos produtos do mar.

Deja un comentario