A Xunta subliña que o futuro Plan Director da Loxística mellorará a competitividade e internacionalización do sector

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2025

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, participou hoxe en Santiago no acto de clausura da Asemblea Xeral 2025 da Asociación Empresarial de Transporte de Mercancías por estrada de Galicia (Apetamcor).

Na súa intervención, Margarita Ardao, subliñou que o futuro Plan Director da Loxística no que xa está a traballar o Goberno galego, mellorará a competitividade e a internacionalización deste sector. Así mesmo, puxo en valor que a Xunta xa aprobou dous plans directores -o da automoción e do naval- e fixo fincapé no papel que desempeñan estes instrumentos de carácter estratéxico e que teñen o obxectivo de potenciar o desenvolvemento da actividade industrial.

Deja un comentario