A Xunta salienta que o Maratón Autonómico Urbano de Special Olympics é unha mostra máis do compromiso desta entidade co deporte adaptado

Culleredo (A Coruña), 15 de xuño de 2025

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu hoxe á inauguración do 27º Maratón Autonómico Urbano que organiza Special Olympics Galicia. Neste encontro, sinalou que estas probas deportivas son fundamentais para seguir dando visibilidade ao deporte adaptado e ás habilidades das persoas con discapacidade e amosan o compromiso deste entidade coa plena inclusión.

Jacobo Rey fixo fincapé en que o deporte é un dos piares fundamentais na integración das persoas con discapacidade, ao tempo que favorece a súa autoestima e capacidade de superación. Ademais, trasladou o agradecemento de todo o Executivo galego a Special Olympics que traballa cada día do ano para que Galicia sexa un referente na inclusión.

Deja un comentario