Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2024
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, reuniuse co presidente da Federación de Cineclubs de Galicia (Feciga), Manuel Precedo, para abordar a renovación do apoio da Xunta a este colectivo, ao que se se destinarán 60.000 euros en 2025 para contribuír ao seu mantemento e levar a cabo nunha escolma dos espazos asociados as proxeccións de películas que a Filmoteca de Galicia estende fóra da súa sede da Coruña.
Na xuntanza, na que tamén participou Elena G. Román, vicepresidenta da devandita Federación, constatouse que o colectivo ampliará o ano que vén a súa actividade xeral a 15 localidades, coa incorporación do cineclube de Lalín aos xa adheridos de Allariz, Bueu, Cangas, Chantada, Goián, Lugo, Narón, Nigrán, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Ourense, Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.