A Xunta remarca en Lalín a aposta pola sostibilidade e as conexións co territorio nos proxectos de emprendemento impulsados a través da rede de Polos

Lalín (Pontevedra), 20 de febreiro de 2025

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta tarde en Lalín na xornada Impacto positivo e emprendemento organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Silleda. Con esta iniciativa búscase integrar a sostibilidade dentro dos proxectos de emprendemento do territorio, afondando e aterrando na práctica do que supón integrar a sostibilidade nun proxecto de emprendemento ou nunha empresa no territorio.

No senso da integración da sostibilidade, o Polo de Silleda busca con esta xornada dar a coñecer proxectos locais para que usuarios do Polo, persoas ou axentes do tecido con interese en integrar a sostibilidade no seu emprendemento e organización, teñan exemplos inspiradores e reais de negocios de impacto positivo locais.

Neste sentido, Marta Mariño destacou a contribución do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Silleda dentro do marco da Rede polos que- cun gran foco no rural- busca  dinamizar a economía local, fixar poboación e combater o reto demográfico.

Desde a súa creación no ano 2022, o Polo de Silleda leva un total de 313 proxectos atendidos e máis de 80 actividades realizadas entre reunións con entidades, accións de formación e eventos da rede resaltando que actualmente o número de mulleres emprendedoras se atopa no 61 % do total dos asesorados.

Deja un comentario