A Xunta reitera o seu compromiso coa atención ás persoas con Asperger desde a infancia ata a madurez

A Coruña, 22 de febreiro de 2025

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou esta mañá no acto organizado por Asperga e a Federación Autismo Galicia para conmemorar o Día Internacional da Síndrome da Asperger, que tivo lugar o pasado 18 de febreiro. 

Na súa intervención, a directora xeral puxo en valor todos os avances acadados nos últimos anos en favor das persoas con Trastornos do Espectro Autista (TEA), garantindo que o Executivo autonómico continuará acompañándoos desde a infancia ata a madurez. Así, fixo referencia ás 51 unidades de atención temperá impulsadas pola Xunta para previr e dar resposta aos problemas de desenvolvemento de nenos de 0 a 6 anos, e que dan cobertura a 200 concellos de toda Galicia. 

Ademais, lembrou que a Xunta aposta por ofrecer cada vez máis recursos de atención a persoas do espectro autista, como a residencia se construirá en Friol con Aspanaes e  as novas prazas públicas que se porán en marcha nos próximos meses. Por último, destacou que Galicia ten un dos sistemas educativos máis inclusivos de España e que estas persoas contan co apoio da Xunta para facilitar o seu acceso ao mundo laboral, a través de programas específicos e de prazas reservadas para o traballo público.

Deja un comentario