A Xunta recoñece o Belén Artesanal de Moraña como axente dinamizador da contorna

Moraña (Pontevedra), 20 de decembro de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou esta mañá o Belén Artesanal da localidade pontevedresa de Moraña, elaborado pola Asociación de Mulleres Rurais “O Menhir”.

Durante o seu percorrido pola obra, que abrangue uns 100 metros cadrados de superficie, a titular de Medio Rural salientou a importancia deste tipo de iniciativas, que poñen de relevo o labor desenvolvido polas mulleres das contornas rurais e dinamizan os núcleos de poboación nos que se atopan.

Deja un comentario