A Xunta presenta en Madrid as vantaxes da ferramenta de intelixencia artificial EMi para impulsar a empregabilidade e avanzar na cobertura de vacantes

Madrid, 28 de xaneiro de 2025

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, realizou hoxe unha ponencia sobre a ferramenta EMi, implantada nas 54 oficinas de emprego de Galicia, no acto de presentación da última publicación da revista Cuadernos del mercado de trabajo, editada polo Observatorio das Ocupacións do Servizo Público de Emprego Estatal e que no seu número 12 adica un artigo a este software de intelixencia artificial impulsado polo Goberno galego co fin de mellorar as oportunidades laborais da cidadanía e impulsar a competitividade do tecido empresarial-

Baixo o título A IA aplicada aos servizos públicos de emprego, Zeltia Lado expuxo as posibilidades que ofrece EMi —premiada recentemente pola Comisión Europea— e explicou que permite axustar en tempo real as demandas de man de obra do tecido produtivo aos perfís das persoas demandantes rexistradas polo servizo público, dando resposta así ao reto da cobertura de vacantes. Entre as súas vantaxes, salientou que tamén relaciona todas as características e competencias da persoa demandante con datos avanzados do mercado laboral e detecta sectores emerxentes de emprego e empresas que están contratando en cada unha das ocupacións.  A día de hoxe, destacou, a ferramenta xa permitiu realizar o perfilado competencial de 24.500 persoas.

Deja un comentario