Sarria (Lugo), 15 de febreiro de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez; e o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño; acompañados polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias; polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles; e polo o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte; asistiron hoxe á Festa do Cocido de Porco Celta celebrada na localidade de Sarria.
Nela, púxose en valor os produtos agroalimentarios galegos con selo de calidade diferenciada, entre os que se atopan a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Lacón Galego ou a IXP Grelos de Galicia, ingredientes que forman parte da receita dun cocido. Ademais, tamén se destacou a importancia da carne de porco celta, unha raza autóctona de porcino da que se está a impulsar a súa conservación por parte do Goberno autonómico.