A Xunta pon en valor o seu compromiso coa seguridade e saúde no traballo

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2025

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou telematicamente esta mañá no pleno do consello reitor do  Organismo Estatal Inspección de Traballo e Seguridade Social (Oeitss)  e posteriormente no padroado da Fundación Estatal para a Prevención de Riscos Laborais, onde tomou posesión como membro. Ambos organismos están centrados na prevención e na promoción da seguridade e saúde no traballo a nivel nacional, no marco da conmemoración onte do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo.

Pablo Fernández recalcou, unha vez máis, o compromiso prioritario que mantén o Executivo galego coa seguridade e saúde no traballo, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) e reflectido no Plan de actuación 2025, un paquete de medidas que teñen como principal obxectivo a redución da sinistralidade laboral a través da eficaz xestión preventiva nos lugares de traballo, atendendo tanto aos riscos novos e emerxentes como aos tradicionais, e acompañando tanto ás empresas como á poboación traballadora. Así mesmo, a Xunta participa activamente en órganos estatais e de coordinación interrexional neste eido –como mostran estas reunións– resaltando tamén a participación activa do Goberno galego na Estratexia española de seguridade e saúde no traballo.

Deja un comentario