Oviedo, 9 de xuño de 2025
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta tarde en Oviedo nunha nova xornada de directores xerais de comercio das diferentes comunidades autónomas versada sobre a remuda xeracional e organizada polo Ministerio de Economía, Industria e Empresa.
Gabriel Alén destacou a aposta estratéxica do Executivo galego co sector comercial, con medidas orientadas á remuda xeracional e á conexión coa mocidade, como a campaña Localízate dirixida á mocidade de entre 12 e 18 anos para xerar vencellos de valor co comercio de proximidade. Trátase dunha das máis de 70 accións incluídas no Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030, sobre o que Gabriel Alén tamén salientou a aposta pola recuperación de contornas comerciais urbanas de localidades senlleiras co proxecto de dinamización comercial Vilas vivas.