A Xunta participa na cerimonia de entrega dos ´Premios Nacionales de Comercio Interior 2025´ no marco do seu apoio estratéxico ao sector

Oviedo, 10 de xuño de 2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu esta mañá á entrega dos Premios Nacionales de Comercio Interior 2025 celebrada na cidade de Oviedo. Estes galardóns, otorgados polo Ministerio de Economía, Comercio e Empresa, creáronse con obxectivo de recoñecer por unha banda o labor dos concellos nas súas actividades de renovación urbana comercial e por outra o dos pequenos comercios, no seu pulo polo desenvolvemento comercial e modernización empresarial.

Na actualidade, os premios recollen unha terceira categoría que recoñece o traballo de dinamización levado a cabo polos Centros Comerciais Abertos, destacando que este ano a Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais Centro Comercial Aberto Compostela Monumental, recibiu o accésit desta modalidade. Neste senso, a Xunta ven de recoñecer as campañas extraordinarias de dinamización comercial de cinco centros comerciais abertos da comunidade. As propostas foron galardoadas, a través da iniciativa O teu comercio local é extraordinario, polo seu carácter innovador, a calidade das accións e o impacto no tecido comercial local, cun valor total de axuda de preto de 200.000 euros incluídos nos 2,3 M€ das achegas totais que foron destinadas a estas entidades.

Deja un comentario