Lugo, 29 de marzo de 2025
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, asistiu esta mañá á celebración dos XXVII xogos autonómicos Special Olympics na súa modalidade de natación, un evento deportivo que tivo lugar na piscina municipal As Pedreiras de Lugo.
Este campionato reúne a preto de 150 nadadores de 15 asociacións de toda Galicia. A xornada iniciouse co desfile dos participantes, no que un usuario da asociación Aspnais lerá o lema dos deportistas de Special Olympics Quero gañar, mais se non ou acado, deixádeme ser valente no intento. Posteriormente, ás 12,00 horas dará comezo a competición, que se estenderá ata as 19,00 horas, co peche e cerimonia de clausura.
Durante a inauguración, a directora xeral destacou que a celebración destes xogos autonómicos permite achegar o deporte ás persoas con discapacidade nun ambiente de igualdade. Neste sentido, agradeceu o labor de Special Olympics por permitir avanzar cara unha sociedade cada vez máis inclusiva e por incentivar diferentes disciplinas e os seus valores e beneficios entre as persoas con discapacidade. A Xunta colabora cada ano con esta entidade a través dun convenio nominativo, que neste 2025 ascende a 200.000€.