A Xunta enxalza o traballo de Ategal na promoción do envellecemento activo e saudable

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2025

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu esta tarde ao concerto solidario das corais de Ategal. Durante o acto puxo en valor o traballo realizado pola entidade que traballa cada día para ofrecer aos maiores diferentes iniciativas que favorecen o seu envellecemento activo.

Antón Acevedo fixo fincapé no traballo que desenvolve Ategal desde hai máis de catro décadas e sinalou que se trata dunha entidade de referencia no envellecemento activo. Así mesmo, destacou que fomenta a participación dos maiores en diferentes eidos da sociedade e impulsa a súa formación para manterse activos. Deste xeito, lembrou que a Xunta de Galicia mantén unha estreita colaboración coa entidade á que destinou o pasado ano, a través dun convenio, 190.000 euros para desenvolver diferentes programas.

O director xeral tamén felicitou ao alumnado que participa nos diferentes programas de Ategal polas súas ganas de seguir ampliando coñecementos e trasladoulles o compromiso da Xunta de seguir impulsando iniciativas que favorezan o seu envellecemento activo e saudable.

Deja un comentario