A Xunta enxalza a Feira do Viño de Chantada como axente dinamizador das contornas rurais

Chantada (Lugo) , 9 de marzo de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañados polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiron esta mañá á XLII Feira do Viño de Chantada, onde enxalzaron valor esta festividade como axente dinamizador do tecido socioeconómico da contorna.

A conselleira do Medio Rural salientou tamén a importancia destes eventos para enxalzar a calidade diferenciada da produción vitivinícola galega. Así, puxo en valor o papel da Denominación de Orixe (DO) Ribeira Sacra neste eido. Esta DO ten adscritos arredor de 2.200 viticultores e 90 industrias, cunha superficie inscrita dunhas 1.320 hectáreas. No ano 2023 a súa produción acadou un valor económico estimado de 20,5 millóns de euros.  

Deja un comentario