A Xunta e a coral da Asociación de Amigos do Camiño promoven un concerto de corais este sábado en Lugo

Lugo, 13 de marzo de 2025

A igrexa lucense de Santiago A Nova acollerá este sábado, 15 de marzo, o XVII Encontro de Corais Camiño de Santiago, promovido pola Xunta e a coral da asociación de Amigos do Camiño da provincia de Lugo.

O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, e o presidente do colectivo, Ángel Trabada, presentaron hoxe o concerto na Delegación Territorial. A actuación comezará ás 20,30 horas e contará coa participación do coro da asociación lucense xunto coa coral Voces e Cordas de Sobrado do Bispo, da provincia de Ourense.

Deja un comentario