A Xunta destina máis de 520.000 euros a Cáritas para acometer melloras na casa de acollida de vítimas de trata en Ourense

Ourense, 22 de marzo de 2025

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, visitou as instalacións da casa de acollida para vítimas de trata que Cáritas Diocesana posúe en Ourense. Alí lembrou que a Xunta de Galicia destinou no 2024 máis de 520.000 euros para acometer diferentes obras de mellora no inmoble e a adquisición dun vehículo.

O director xeral sinalou que esta non é a única colaboración da Xunta de Galicia con esta entidade social en Ourense, de xeito que sinalou que nos últimos cinco anos o Executivo autonómico destinou máis de 400.000 en diferentes achegas para sufragar programas e iniciativas para mellorar a situación das vítimas e a súa calidade de vida neste recurso de atención e recuperación integral.

Roberto Barba indicou ademais que Cáritas Diocesana de Ourense forma parte da Rede Galega contra a Trata, polo que destacou a colaboración entre o Executivo galego e estas entidades para seguir impulsando medidas que permitan mellorar a sensibilización e atención das vítimas.

Deja un comentario