Vigo, 29 de xaneiro de 2025
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe en Vigo na entrega de premios da última campaña de nadal organizada polo Centro Comercial Aberto de As Travesas (Aetravi) co apoio do Goberno galego para dinamizar o comercio local.
O director xeral salientou o valor de iniciativas coma esta, que contou cun total de 117 establecementos adheridos, para impulsar as vendas e xerar riqueza na contorna. Nesta liña, puxo de relevo o traballo da Xunta por avanzar, da man dos diferentes axentes do sector, en medidas para incentivar o consumo e potenciar a actividade empresarial e comercial. Mostra deste esforzo é o Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030 que estará finalizado neste primeiro trimestre.