A Xunta destaca na 19ª edición da Feira do viño de Cenlle o papel do sector vitivinícola na atracción e dinamización do rural galego

Cenlle (Ourense), 7 de xuño de 2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu esta tarde a celebración da 19ª edición da Feira do Viño de Cenlle, onde puxo en valor o papel estratéxico do sector vitivinícola galego como motor de creación de emprego e de dinamización do rural galego. 

Alén sinalou que citas coma esta son un motor e activo comercial ao mesmo tempo que fomentan o desenvolvemento sustentable, a creación de riqueza e a atracción turística, do territorio. Neste senso, referiuse ao éxito da experiencia piloto Artesanía, saber e sabor, celebrada o pasado mes de decembro en Ribadavia, e que foi a antesala do proxecto Vilas Vivas —asinado recentemente—, que se desenvolverá ao longo de 2025 na capital do Ribeiro co obxectivo de favorecer sinerxías entre o tecido comercial da vila e sectores estratéxicos de toda a comarca do Ribeiro -como o viño, o patrimonio, a gastronomía ou o termalismo-. 

 

Deja un comentario