A Xunta destaca en Vigo a aposta pola excelencia dos centros comerciais abertos no marco da nova convocatoria de 2,5 M€

Vigo, 12 de febreiro de 2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado da delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou esta tarde varios establecementos adheridos ao Centro Comercial Aberto Zona Náutico no marco da campaña San Valentín en Zona Náutico, unha acción de dinamización que busca incentivar as compras nas tendas asociadas durante estas datas, fomentando así o comercio de proximidade.

Gabriel Alén fixo fincapé no compromiso do Executivo galego coa revitalización do comercio local como elemento esencial para o desenvolvemento económico e social das vilas e cidades galegas e cuxo impulso confluirá no futuro Plan Estratéxico de Comercio 2025-2030 que estará rematado este trimestre. Nese contexto, remarcou a nova convocatoria de achegas dotadas con 2,5 millóns de euros dirixidas ás asociacións de comerciantes de carácter territorial como Zona Náutico, que se poderán solicitar desde o próximo mércores 19 de febreiro. O director xeral destacou que, como novidade deste ano, primará a calidade e a innovación das propostas e que as entidades que obteñan un puntuación superior aos 12 puntos no criterio de valoración poderán optar a un das 5 axudas extraordinarias de 50.000 euros cada unha  para a realización de campañas adicionais en colaboración con concellos e outras asociacións.

Deja un comentario